O GRUPO
CONCERTOS
MYSPACE
FACEBOOK
MATERIAL
LETRAS
CONTACTO


PILSENERS

Nesta primeira volta das entrevistas que lle imos facer a grupos pertencentes ao movemento do rock proletário ou que son afíns políticamente a el, tócalle o turno a PILSENERS.

Esta banda ven de Catalunya e levan máis de 10 anos facendo o que eles mesmos denominan Rock pola Independencia.

Aqui tedes a entrevista:




Como se chama o grupo e que significa este nome?
Bufff…O grupo chámase Pilseners, este nome ten que ver, como xa sabedes, cunha maneira de facer cervexa.

Cando comenzou a súa andaina musical?
Comezamos a tocar alá polo 94 no barrio de Gracia de Barcelona facendo versións de grupos como Bussiness, Cock Sparrer,…

Número de concertos?
A verdade é que non contamos os concertos que fixemos, pero mais ou menos uns 50 ou 60

Discografía?
Contamos cunha maqueta gravada no 1995, o cd Hacer Roent sobre o 2000, o cd Herois Del Nostre Temps no 2004 e agora saliu un cd coa maqueta remasterizada mais 4 temas inéditos que se chama Early Years

Formación ou formacións anteriores?
Guitarra, Gufre, a bataka oRaül, Baixo o Dani (Prim), e tivemos 2 cantantes, Jordi (Almo) e Fredic.

Qué tipo de música facedes?
Facemos básicamente Rock Pola Independencia(isto engloba a loita pola liberación nacional do noso pobo e a liberación social da nosa clase)

De que falan as vosas letras?
As nosas letra falan de cousas cotiás, do que nos sucede a nos ou por contacto, ao noso entorno




Englobadesvos dentro do movemento do Rock Proletario? En caso afirmativo, como vedes este movemento tanto a nivel internacional como no voso país?

Sí, podese decir que facemos Rock Proletário, a situación en Catalunya está moi bipolarizada, por unha parte hai numerosos grupos de xente nova que fai bandas proletárias e polo outro lado, o apoliticismo está de moda

Que futuro lle vedes?
O futuro é noso, senón pensara iso, non valería a pena estar aquí

Qué significa para a vosa banda a pertenza a este movemento?
Nos estamos orgullosos de defender uns principios desde que comezamos a tocar

Cómo está a situación política actual no voso país? E como a vedes a nivel internacional?
Mal, isto está fatal!!! Peor!!!

Hoxendía, polo menos na Galiza, a mocidade está despolitizada, como a vedes no voso país? Creedes que a existencia de bandas como as nosas pode axudar a mudar a situación política da mocidade actual?
Creo fundamental no traballo das bandas musicais comprometidas para chegar a xuventude cunha mensaxe de rebeldía e revolta, é unha primeira toma de contacto coa política revolucionaria



Para rematar, todo aquelo que se vos ocurra e queirades que apareza na entrevista
Pois nada, adiante co voso traballo, ata a victoria!

PILSENERS





Ver todas as noticias da páxina





ecoestadistica.com




Web feita nunha resolución de 1280x1024 - - mencervermello@yahoo.com