De seguido entrevistamos a Guardia Bermellón, banda que practica o Rock Proletario e ven de Chile.
j 1. Como se chama o grupo? Cal é a vosa formación? Repertorio? etc A agrupación chámase Guardia Bermellón, nace a mediados do ano 2006, polo valeiro de bandas de carácter marxita no noso país. O nome fai alusíon directa aos procesos Socialistas acontecidos no mundo, que nós valoramos e apoiamos de forma militante e participativa, sendo a banda un medio totalmente político de difusión de ideas comunistas. No curto tempo que levamos tocando, tivemos xa moitas presentacións, en diferentes concertos e actividades políticas. Gravamos ata o momento unha Demo de 4 temas que se pode escoitar no noso myspace ou pedir o disco a http://distrot34redskins.blogspot.com/. A formación é a mesma desde o comezo, Israel á voz, Exequiel á voz e a guitarra, Víctor á guitarra, Diego ao baixo e Fernando á batería. 2.- Qué tipo de música facedes? De que falan as vosas letras? Englovadesvos dentro do Movemento do Rock Proletario? En caso afirmativo, como vedes este movemento tanto a nivel internarcional como no voso país? Qué futuro lle vedes? Qué significa para a vosa banda a pertenza a e este movemento? Tocamos un pouco de Hardcore, Punk e Oi!. As nosas letras falan en xeral dos problemas que sofre a nosa rexión, dos problemas dentro da esquerda contemporánea, dos novos pasos a seguir ao noso entender para a formación da patria socialista. Nós facemos Rock Proletario Internacionalista, por iso asumimos o postulado desta corrente político-musical. Vemos que cada día máis bandas se enmarcan dentro desta corrente, tanto no plano internacional como no plano local, por iso cremos que as cousas estánse a facer ben e que máis bandas do mundo sigan denominándose así. Sentímonos orgullosos de pertencer a este movemento xa que nos enche tanto no ámbito musical como no noso real interés que é dar a coñecer as nosas ideas, denunciar a barbarie do capitalismo e realzar mais que nunca que o comunismo é a única alternativa para ter un mundo mellor. Pero que ese futuro non será posible sen a participación activa e militante da clase traballadora, a formación do poder popular e o partido de cadros.
3.- Cómo está a situación política actual no voso país? E como a vedes a nivel internacional? No noso país igual que no seu, a xente, o/a traballador/a ten un aborrecemento cara á política e isto é grazas às dictaduras fascistas que lles opremeron e desmoralizaron, amáis de desencantarlles para ser partícipes das decisións políticas. As coalicións Social-demócratas governan xunto coa dereita militar e civil, é dicer, un Estado netamente favorable para o burgués e o imperialismo ianqui, que saquea de norte a sur as nosas terras, con soldos indignos para os traballadores e as traballadoras, vivendas precarias, saúde de mala calidade e mercantilista ao igual que a educación. As grandes dinastías reinan mentras o pobo sofre todas as aberracións do sistema neo-liberal.
l No plano internarcional, cremos que en Latinoamérica estánse a dar procesos interesantes, pero non totalmente beneficiosos para a clase, pero pouco a pouco vaise avanzando, o capitalismo cada vez se colapsa máis e máis, por iso hai que traballar màis en prol dese movemento cunha loita realmente internacionalista e solidaria.
l 4.-Hoxendía, polo menos na Galiza, a mocidade está enormemente despolitizada. Creedes que a existencia de bandas como as nosas pode axudar a mudar a situación política da mocidade actual? Se non creesemos que fora posible, creo que non teríamos este proxecto. A formación de novas bandas de este estilo dan boa conta de que se avanza e de que os obxectivos se van conquerindo.
5.- Para rematar, todo aquelo que se vos ocurra e queirades que apareza na entrevista. Un saúdo para os compañeiros de Mencer Vermello e para toda a xente de Galiza, que ten que ser unha nación que teña autodeterminación, coma outros pobos oprimidos polo estado español.
Arriba o Rock Proletario!!!
Comunismo ou Barbarie!!
|