Nesta ocasión brindase para a entrevista outro grupo de Catalunya, Opció k-95. Levan as súas costas máis de 11 anos de vida como grupo facendo música comprometida co seu país.Aqui tedes a entrevista: Como se chama o grupo e que significa este nome, cando comenzou a súa andaina musical, número de concertos, discografía, formación, ....?
Nos somos Opció K-95, o nome ven de que a nosa opción e coller o kalashnikov musical dende 1995, toda unha metáfora das nosas intencións. Comezamos xuntándonos nun local a finais de 1995 e de momento seguimos en pé e activos a pesares dos 12 anos que xa pasaron dende enton. A nosa discografía resumida é:
Cap Oportunitat CD (Propaganda pel fet!, 1996)
Mai Morirem CD (Propaganda pel fet!, 1999)
Terra cremada CD (Bullanga records, 2004)
Terra cremada CD (Fire & Flames, 2004) edició alemanya
Best before 2004 CD (Solitude Urbaine, 2005)
Recopilatorios:
Arbúcies 99 CD (Propaganda pel fet!, 1999)
Das Zk empfiehlt: Wir haben eine Welt zu gewinnen CD (Mad Butcher records, 1999) Revolta Sonora CD (Sons de luita/ Propaganda pel fet!, 2000)
Propaganda si pel fet gràcies CD (Enderrock/ Propaganda pel fet!, 2001)
Solidaritat amb les escoles de la Catalunya Nord CD (Maulets/ Propaganda pel fet!, 2001)
Class Pride World Wide CD (Insurgence records, 2002)
Hate the State CD (Fire & Flames, 2006)
A formación actual está composta por Raúl á batería, Daniel ao baixo, Omar A. e Omar ás guitarras e Carles á voz.
Qué tipo de música facedes? De que falan as vosas letras?
Se ben comezamos cun sonido oi! bastante parello aos clásicos ingleses dos 80, actualmente evolucionamos cara un son mais rápido, con reminiscencias hardcore que define a nosa nova etapa froito das novas incorporacións e a evolución da banda logo de 12 anos. Pero a nivel de letras seguimos estando na protesta, en reinvindicar as nosas raíces como pobo e en berrar ben alto contra todo aquelo que nos parece inxusto.
Englovádesvos dentro do movemento do Rock Proletario? En caso afirmativo, como vedes este movemento tanto a nivel internacional como no voso país?
Se por Rock Proletário enténdese o rock tocado por xente traballadora, obviamente identificamonos con iso ainda que non nos gostan demasiado as etiquetas. Sabemos que se está a xestar unha especie de coordinadora de grupos obreiros a nivel internacional, a cousa parecenos correcta e positiva.
Que futuro lle vedes? Qué significa para a vosa banda a pertenza a este movemento?
O futuro sempre é incerto, ainda que cremos que a solidariedade e a coordinación sempre é satisfactoria, así como poder axudar e que nos axuden bandas de todo o planeta.
Cómo está a situación política actual no voso país? E como a vedes a nivel internacional?
Pois dende o secúlo XVIII seguimos ocupados polo Estado Español, pero o noso pobo pervive e agardamos algún día poder recuperar as nosas liberdades. A nivel internacional pouco a pouco vaise coñecendo máis o caso de Catalunya. Nós cada vez que tocamos por Europa facemos pedagoxía ao respecto, xa que aparte de Euzkadi hai máis nacións oprimidas e entendemos que a solidariedade internacional é básica en calquera loita de liberación nacional.
Hoxendía, polo menos na Galiza, a mocidade está enormemente despolitizada. Creedes que a existencia de bandas como as nosas pode axudar a mudar a situación política da mocidade actual? Ben, nunca paramos a pensar niso, nos facemos o que cremos necesario e o que nos gosta, se iso ademais serve para que algun ou algunha pense e reflexione pois moito mellor, pero non pretendemos ser os guías espirituais de ninguén, nen moito menos. Follow no leaders, take only inspiration!
Para rematar, todo aquelo que se vos ocurra e queirades que apareza na entrevista. Grazas pola mesma e un saúdo revolucionario a toda a xente de Galiza, nación irmá e onde sempre é un pracer tocar. Se alguén está interesado na banda pode visitar http://www.myspace.com/opciok95oi
Visca la terra!
|