O GRUPO
CONCERTOS
MYSPACE
FACEBOOK
MATERIAL
LETRAS
CONTACTO


JUSTICIA ROJA

Entrevista a Justicia Roja, banda colombiana de Rock Proletario



Como se chama o grupo e cal é o significado do nome?

A nosa banda chámase JUSTICIA ROJA, somos da cidade de Popayan, departamento do Cauca, Colombia. O nome da banda non naceu dun día para outro, foi o producto dun constante debate sobre o tema da xustiza. Como se sabe, Colombia é un país que vive un conflito armado, social, político e económico desde hai case 40 anos. Os exércitos subversivos cotra paramilitares, outros grupos mafiosos e as forzas fascistas do estado, que se disputan o poder a e repartición do territorio nacional, o que provocou a fragmentación en zonas de influencia dun ou doutro bando nas que imperan as suas leis e as suas penas. A xustiza que propoñemos a través da nosa música é a verdadeira xustiza, que non fica en ser retributiva ou distributiva, senón que ademais é restaurativa e parte de quen sempre terá o poder e a palabra para xulgar, condenar e axustizar, é dicir, o Pobo Traballador, o proletariado. Xa que logo, a xustiza proletaria non pode ser máis que a xustiza comunista, que se encargará por todos os medios de dar a cada contrarrevolucionario, a cada fascista, burgués, imperialista ou, simplemente, a todo capitalista, o castigo merecido, sen usos simbólicos das leis (que por suposto non serán leis burguesa) e sen reparos á hora de axustizar a quen o proletariado decida.



Cando comezou a vosa andaina musical?

A banda nace en xuño de 2006, sob o nome de LA PUTA DEL PASEO OI!, con integrantes que participaran noutras experiencias musicais anteriores. A idea de formar a banda naceu do Gauche, redskin e activista da Universidade do Cacua, que leva moito tempo traballando polo comunismo. O Gauche comentoulle a idea a Mango, estudante da cidade, que estivo dacordo. Depois comezou a procura de baixista, que nun primeiro momento ia ser o Enano (irmán do Gauche), pero non podia, polo que o intentamos con Pablo, un viciño do barrio, que non tivo problemas. Conseguir un batería foi o máis complicado, primeiro contamos coa colaboración de Rodrigo, de Humano Urbano, banda de Punk; axudounos máis tarde Julián, de Skarmiento, banda de Ska, e despois Jhon, ex bateria de P-53, banda de Punk. Agora estamos probando con Santiaguito, un amigo de mentalidade rebelde que estuda nun liceo da cidade e que integramos recentemente no noso círculo de lectura marxita-leninista. Todo indica que por fin atopamos un batería permanente.

A concienciación e o estudo ideolóxico foron os aspectos chaves da formación da banda. Malia estar máis perto do aranquismo (como banda) cando nos chamábamos LA PUTA DEL PASEO OI!, o Guache e Mango lograron que a nova banda se identificase plenamente coa teoría marxita-leninista. Textos marxistas, como os de Mao e Stalin, posibilitan que fagamos unha complementación ideolóxica que nos permite ver a loita de clases desde unha ampla perspectiva e desde as experiencias dos diferentes movementos revolucionarios que se xestaron con estes autores.

En cantos concertos participáchedes?

Participamos en catro concertos e nun festival (Rocksistencia), durante un tempo estivemos parados por problemas persoais do guitarrista rítmico, mais xa reiniciamos o traballo coa banda. O 22 de xuño organizamos a primeira festa antifascista da cidade de Popayan.

Discografía?

A nosa maqueta "Cauca Insurgente" non fomos capaces de gravala por falta de fondos, pero dentro de pouco, unha ou duas semanas, sairá unha versión acústica, con catro temas propios: Sobre la Práctica, Hoces y Martill0s, Nada que negociar e Toma Universitaria).

Formación ou formación anteriores

A banda está composta por:

GUACHE: vocalista
MANGO: guitarra
ANDRÉS: guitarra rítmica
JUANKY: baixo
SANTIAGUITO: bateria

Que tipo de música facedes? De que falan as vosas letras?

A música que facemos é Oi!, moi semellante ao estilo que fan os camaradas de Komintern 43, posto que é a banda coa que máis temos interactuado, influindo moito en nós. Nas nosas letras manexamos temas coxunturais da loita política do noso país e máis específicamente da nosa cidade (manifestacións, disturbios, xornadas "de pintas" ou grafitis, etc.), así como a realización de denuncias contra as forzas represivas do estado colombiano tanto legais como a policía, como ilegais (os grupos paramilitares), os asasinatos que estas organizacións cometen, e a repercusión na sociedade que ten esta aplicación salvaxe do terrorismo de estado. Porén, coido que a parte na que máis nos gusta traballaren e, xa que logo, na que máis nos esmeramos, é na construcción de letras que describan a teoría marxista, tanto desde a perspectiva filosófica-política, como económica-política, xa que as nosas conversas entre nós e con outros copañeiros de outras bandas (principalmente cos camaradas de MAD, Rock Proletário de Perú, quen influiron moito no noso proceso).

Chegamos á conclusión de que o obxectivo real non está só en que chegado o momento derrubemos un rexime opresor para levar ao proletariado ao poder, senón que o máis importante é mudar a concepción do mundo que ten a sociedade no actual rexime capitalista, para transformá-la nunha concepción verdadeiramente social, que permita desenvolver o materialismo dialéctico até nas máis sinxelas cousas da vida.

Sentídesvos parte do movemento do Rock Proletario? En caso afirmativo, como vedes este movemento tanto a nivel internacional como no voso país?

Sentímonos representados, por suposto, cos ideais que manexa o movimento internacional de Rock Proletario, xa que ademais de ver nel un bo espazo de interacción e discusión con outras bandas, coidamos que a nosa música reflicte dun xeito idoneo as situación das xustas loitas do estudantado universitario da nosa cidade, que é o entorno no que traballamos, e son son moi semellantes ás condicións do estudantado universitario colombiano en xeral e vemos no Rock Proletario a oportunidade de expresar a nosa opinión política verbo destes temas, así como as nosas solucións e, ainda máis importante, que papel xoga o marxismo-leninismo dentre destas loitas, as suas posibeis solucións e propór a nosa maneira de aplicalas.

A nivel internacional notamos un positivo crecemento do movemento, así como un afianzamento dos principios por parte das bandas que xa pertencian a el, o que se ve reflectico nos novos traballos musicais, comunicados e medios de expresión das bandas. Tivemos oportunidade de estar en contacto cos camaradas de Perú e Chile, que nos falaron dos seus novos proxectos musicais. Falamos constantemente.

A nivel nacional, na nosa opinión, estase traballando moi ben, na medida que a situación o permite. As duas bandas de Rock Proletario Colombiano son exemplares para todos nós, e os seus traballos musicais e políticos arroxan bos resultados, así como ideas coas que nos identificamos, como por exemplo, manter viva a imaxe (a verdadeira) do camarada Stalin e as suas ensinanzas.

Que futuro lle vedes?

Tanto a nivel internacional como nacional, coidamos que o movimento vai "pa' delante", como dicimos acá en Colombia, está medrando, esta fortalecéndose e, en moitas esferas, estalle gañando terreno ao lixo comercial que soe soar nas emisoras, situación favorecida polas emisións do Complexo Nucleo Terco Radio, xa que demostraron, de novo, que o Rock Proletario é algo serio que se situa do lado do pobo traballador. Podo dar fe que na miña cidade gusta entre xoves e non tan xoves, mália a crítica (por suposto sen fundamento) que lanzan os organismos do estado, a xuventude apolítica e apática (tristemente maioritaria na actualidade) e outros sectores reaccionarios da sociedade. Hai un bo número de persoas que o escoitaron e xa o integraron entre o mellor das suas coleccións de música, practicando os valores proletarios que se difunden a través desta música. É esperanzador ver como gaña terreno entre os xoves e como volve espertar a esperanza dos vellos que pelexaron polos mesmos ideais noutras época e que nun determinado momento, ante a insondábel apatía e ignorancia, deron todo por perdido.


Qué significa para a vosa banda a pertenza a este movemento?

Para a nosa banda, chegar a pertencer ao movimento internacional do Rock Proletario seria a oportunidade de poder artellar o noso traballo xunto co de todas que o conforman, o que significaría unha indudábel mellora tanto na parte musical, como na política. Gustarianos estar en constante contacto cos camaradas do resto de bandas, discutir sobre temas, recibir críticas que nos permitan aspirar a unha cada vez maior maduración de concepctos. Sería unha honra poder pertencer ao movimento do Rock Proletario.


Como está a situación política actual no voso país? E como a vedes a nivel internacional?

A situación actual no noso país é grave, vivimos gobernados por un goberno mafioso e xenocida que propociou unha agudización do conflito armado que se desenvolve no noso país desde hai 40 anos. Desde o ano 2002, cando o fascista Álvaro Uribe Vélez, medra a represión contra todos os sectores sociais co pretexto de estar combatendo á subversión armada e ao nacotráfico, así, campesiños, obreiros, estudantes, indíxenas, profesores e demais sectores populares fomos golpeados, encarcerados, asasinados, torturados, desaparecidos..., por axentes do estado e grupos paramilitares, que son a mesma cousa, tan só que os primeiros se sitúan dentro da legalidade.

Xa que o actual goberno do noso país creou os grupos paramilitares nas décadas dos 80 e 90, non é raro que fose grazas a eles como chegou ao poder e, ademais, na actualidade, sexan estes grupos fascistas os que dominan o país tanto económica como políticamente. Coido que todo o mundo sabe do famoso "escándalo da para-política", orixinado tanto por denuncias da oposición como por traicións internas.

Desde a perspectiva que manexamos no noso entorno, que é a Universidade Pública, a problemática é moi semellante á do resto de sectores populares, pois nos enfrontamos a mesma política gobernamental e a represión é a mema, igual de sanguenta. Os estudantes universitarios enfrontamos unha crise educativa orixinada pola política privatizadora que desenvolve o goberno no marco do neoliberalismo e a apertura económica que comezou no noso país ao comezo da década dos 90. A universidade pública padece recortes orzamentais dunha terríbel magnitude cada ano, o que repercute en detrimento da calidade dos medios educativos e, por extensión, na formación dos futuros profesionais. Desde 2003 vense implantando en todas as universidades públicas do país o decreto 2566, que non é outra cousa que a americanización da educación en Colombia, que busca graduar profesionais aptos para servir ao mercado capitalista, meramente técnicos, eliminando as materias humanísiticas e preparando sinxelamente servos para o mercado. A pelexa é diaria contra estas reformas e outras tantas que afectan á nosa educación, pero, por desgraza, os movimentos estudantis están moi divididos e, mália conseguir certas cousas na loita, hai moitas que non se consiguen porque o fascismo desfai os movimentos ben sexa dilatandoos e xerando o cansazo de quen están pelexando ou asasinando e reprimindo. Valéndose do conflito armado, o estado colombiano ve a oportunidade para recibir fondos dos EEUU cos que intensifica a represión e a corrupción no país. Ademais, o conflito tamén o utiliza como pantalla para eliminar inimigos políticos, como foi o caso da Unión Patriótica nos 80 e 90. En Colombia son moi comúns as mortes a sangue frio de sindicalistas ou estudantes, trasladando os seus corpos, vestidos con uniformes militares, desde a cidade até as areas rurais, para aparecer nos informativos como subversivos mortos en combate. Como a prensa colombiana está totalmente posicionada do lado do goberno, reina a desinformación no pobo.

Malia este triste panorama, non nos rendimos. O proletariado e todas as clases populares estiveron, están e estarán sempre en pé de loita, resisitindo até as últimas consecuencias dos nosos actos, porque esa é a disposición que como verdadeiros revolucionarios debemos ter. Durante este ano 2007, notamos que o pobo colombiano comezou a reaccionar diante destes ataques do goberno, e comezan a darse condicións para que a xente poda mudar de mentalidade sobre as cousas, porque, sinxelamente, está cansa de padecer o desangramento por parte do goberno. As manifestación fanse máis constantes, os disturbios tamén, a xente, grazas ao traballo de concienciacón de moitas organizacións, está perdendo, pouco a pouco, o medo a enfrontarse ao estado e ás suas forzas. Os movimentos antifascistas como RASH están medrando e estanse levando a cabo acción contundentes e marabillosas na cidade de Bogotá como o primeiro FUCK THE RAC en Colombia e a Marcha Antifascista do 20 de abril, grazas ao estupendo traballo dos camaradas de RASH Bogotá. Repítese este traballo en moitas organizacións sociais, quen motivaron o que semella ser un pequeno comezo dunha grande concienciación de clase que, nun futuro, canto antes mellor, permitirá acadra mellores logros.

Hoxendía, polo menos na Galiza, a mocedade está despolitizada, como a vedes no voso país? Coidades que a existencia de bandas como as nosas pode axudar a mudar a situación política da mocidade actual?

Este problema tamén está presente en Colombia, a xuventude prefire escoitar reggaeton (unha música eminentemente machista) e falar de marcas de coches, séries de televisión ou calquer outra parvada, no canto de se preocupar pola situación do país que supostamente non lle afecta (non sei en que planeta vivirán ou se agardan que a guerrilla combata nas ruas ou algo así) ou porque teñen cartos para pagar a educación privada. Tamén conta a desinformación dos grandes medios e educación prosubmisión que se recebe nesta sociedade.

Sinceramente, coido que o Rock Proletario só pode axudar a politizar a xuventude cara ao antifascismo nunha pequena proporción. Por que? Porque os patróns sociais ainda non mudaron e moita xente ao escoitar un son como o do Punk, o Oi! ou o Hardcore prefire cambiar de música (ou polo menos así acontece na miña cidade). Por favor, non quero que se me malinterprete, non estou a dicir que o Rock Proletario teña que cambiar, xa que sería ilóxico que o fixeran, porque as prácticas levadas a cabo polo movimento son moi boas. O que quero dicir é que a pesar de que pode axudar, o Rock Proletario só non é suficiente, hai que acompañalo dun proceso político-social, como por exemplo a lectura, espertar o interese pola teoría marxita-leninista é espertar o interese por un xénero de música que exprese os seus valores. Por iso penso que debe estar acompañado de outro proceso de concienciación.

Para rematar, engadide o que vos queirades.

Quixera engadir unha das letras de Justicia Roja para que a analise, vexan se lles gosta e recibir as suas críticas, consello ou que quixeran sobre ela e a banda en xeral:


SOBRE LA PRACTICA (GUACHE)

CONOCIMIENTO ES EL QUE OBTENEMOS
AL INTERACTUAR CON NUESTRO ENTORNO
CONOCIMIENTO ACERCA DE PROPIEDADES Y FENOMENOS
EN NUESTRAS RELACIONES CON LA SOCIEDAD Y LA NATURALEZA

PERO NO PUEDE HABER CONOCIMIENTO AL MARGEN DE LA PRÁCTICA
Y NUESTRO SABER DEBERA GUIAR NUESTRA MANO EN LA ACCIÓN

LA ACTIVIDAD PRODUCTIVA DEL HOMBRE
EN SU PRÁCTICA SOCIAL MÁS IMPORTANTE
FUERA DE LA CUAL NO PODRÍA CONSEGUIR EL CONOCIMIENTO
LAS RELACIONES ENTRE LOS HOMBRES
ESTAN DESTINADAS A SATISFACER
SUS NECESIDADES MATERIALES

LUCHA DE CLASES POR LA LIBERTAD
LUCHA DE CLASES POR LA IGUALDAD
LUCHA DE CLASES, SOLIDARIDAD
LUCHA DE CLASES, ARRIBA CON RASH

ES IMPOSIBLE PRETENDER QUE EXISTE IMPARCIALIDAD BURGUESA
TODAS LAS IDEAS SIN EXCEPCIÓN
LLEVAN CONSIGO SU SELLO DE CLASE
ES ASÍ COMNO HA TRANSCURRIDO TODA NUESTRA HISTORIA

LA GUERRA SOCIAL NO SE HA DETENIDO Y NO SE DETENDRÁ
LA BURGUESÍA IRREMEDIABLEMENTE SE HABRÁ DE DERRUMBAR

EN LAS SOCIEDADES PREMODERNAS
HABÍA UN CONOCIMIENTO UNILATERAL
MANIPULADO POR LAS CLASES DIRIGENTES
Y LA BAJA ESCALA DE PRODUCCIÓN
EL PROLETARIADO MODERNO DESPERTÓ
Y ALCANZÓ UNA COMPRENSIÓN GLOBAL DEL MUNDO
GENERANDO UNA CIENCIA VITAL, LA CIENCIA DEL MARXISMO


Sen máis que engadir, pero con toda a intención de que continuemos en contacto, despedímonos coa nosa gratitude por este espazo, camaradas.

UNHA APERTA COMBATIVA E SAÚDOS ANTIFASCISTAS DESDE COLOMBIA

ATT: JUSTICIA ROJA
MÚSICA POLA DITADURA DO PROLETARIADO

NIN PERDÓN, NIN ESQUECEMENTO, NON HABERÁ PIEDADE PARA FASCISTAS E BURGUESES.






Ver todas as noticias da páxina





ecoestadistica.com




Web feita nunha resolución de 1280x1024 - - mencervermello@yahoo.com